Libros Relacionados

VILARIÑO DE CONSO: PAISAXE E TRADICIÓN

Autores:

  • Araujo García, María Teresa
  • Carballo Felpete, Pablo
  • Gil Cacheiro, María Isabel
  • Losada Rodríguez, Consuelo
  • Pardo Vázquez, María Dolores

libro1

Editorial: Deputación Provincial de Ourense
ISBN: 84-96503-32-1
Publicación: 2006
Páxinas: 174 páxinas.
Fotografías: Realizadas polos autores, excepto as reseñadas no texto.
Debuxos: Feitos polos autores, e os cedidos polo Museo do Pobo.
Descrición: Este libro nace da iniciativa dun grupo de profesores que nos sentimos enfeitizados polo patrimonio natural e etnográfico do concello de Vilariño e decidimos achegarnos a realidade na que vivirron e viven as súas xentes.Na elección dos contidos xogaron un papel importante as posibilidades do Museo e o descubrimento dunha ruta que aúna a riqueza natural e etnográfica, testemuños dunha cultura e maneira de convivir coa natureza que estan a desaparecer.Trátase dunha aproximación comprensiva, non sistemática nin exhaustiva, ao concello de Vilariño desde varios puntos de vista (ecolóxico, xeolóxico, etnográfico e lingüístico). Poderiamos profundizar nestes aspectos e amplialos a outros, pero o ambicioso do proxecto e do material recompilado levounos a unha selección persoal buscada nas características máis singulares desta zona.A elaboración do traballo non foi doada ao non existiren documentos específicos sobre os temas tratados que profundizasen na realidade da zona. Baseamonos fundamentalmente nas fontes orais e no traballo de campo e investigación que foi moi laborioso xa que tivemos que contrastar as diferentes informacións que nos achegaban os veciños do lugar.Queremos facer fincapé en aspectos da nosa cultura e dos nosos espazos naturais que son descoñecidos e, moitas veces, pouco valorados e que , nas últimas décadas, estan a desaparecer rapidamente. Foi precisamente o illamento xeografico e o atraso económico desta zona o que permitiu que chegase a nós este acervo cultural case intacto e un medio natural, aínda que transformado, con importantes reductos da súa riqueza primixenia.¿Como, coa beleza que nos ofrece esta terra, non. chamar a atención para que outros recollan esta riqueza nun futuro.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

© 2013 Aviso Legal. Deseñado por: Prom Sistemas Informáticos