Centro de Interpretación do Cogumelo

Este Centro de Interpretación do Cogumelo atópase situado no concello ourensán de Vilariño de Conso. Trátase dun pequeno espazo para reflexionar sobre o mundo dos cogumelos en xeral.

Nel podemos atopar a información precisa para diferenciar os comestibles dos catalogados como perigosos, así como tamén os que posúen propiedades mediciñais. Tamén se recollen consellos gastronómicos para preparar e degustar este plato típico da zona.

Sinálanse unha serie de recomendacións, a través de paneis informátivos, sobre commo se debn recoller no monte. Por exemplo que a recolleita débese facer nun cesta ou caixa de cartón porque nunha bolsa de plástico poderíanse fragmentar ou fermentar.

Recoméndase recoller os cogumelos propios dun determinado hábitat e nun periodo do ano concreto. No caso de que exista a posibilidade de confusión con outra especie tóxica desaconséllase a súa recolleita. Como acontece por exemplo coa Amanita Citrina (comestible) e a Amanita phalloites (mortal).

 

 

© 2013 Aviso Legal. Deseñado por: Prom Sistemas Informáticos