CloudHotelier
   

Museo Etnográfico

Benvidos Museo Etnográfico de Vilariño de Conso, onde o tempo dá un salto atrás para mostrarnos como era a vida nos nosos pobos antes. Utensilios, ferramentas e obxectos da casa ou de oficios, que nos axudan a comprender como os nosos antepasados sacaban partido do entorno rural. Conservar e coñecer estes obxectos do pasado, é importante para entender de onde vimos e tomar mostra para enfocar o presente e o futuro, para tomar perspectiva, para recordar que houbo un tempo en que todo se facía máis lentamente, deixando a natureza levar o ritmo.

Estaremos encantados de ensinalos a nosa colección nunha visita guiada e explicarlles os nosos costumes e tradicións.

"Mentres planea a súa visita... Navegue pola web e goce."

© 2013 Aviso Legal. Deseñado por: Prom Sistemas Informáticos